A marca presenta un catálogo que inclúe híbridos caracterizados polo seu rendemento, alta dixestibilidade, alta degradabilidade do almidón e resistencia ó estrés hídrico

Un ano máis, Semillas LG pon a disposición dos gandeiros o catálogo máis amplo e completo do mercado.
Desde hai anos, gran parte da actividade investigadora da marca centrouse na mellora da eficiencia e a produtividade das gandarías mediante o uso de variedades de sementes que aporten unha mellor dixestibilidade, o que permite reducir os custos de alimentación.
A forte especialización de Semillas LG no ámbito da alimentación gandeira levou á creación dunha serie de gamas que buscan facilitarlle aos agricultores a elección da variedade máis adecuada en cada caso:
Os últimos anos estamos a sufrir fortes variacións climáticas importantes e, sobre todo, estamos a vivir veráns con períodos prolongados sen choivas. Isto, unido a temperaturas elevadas e vento, fai que o solo se seque moi rápido e, nas nosas condicións de secano, esta situación provoca grandes problemas nos rendementos de millo.
Para axudar a paliar as secas estivais, Semillas LG leva anos traballando na procura de variedades cunha maior tolerancia ó estrés hídrico. Agora, estas poden identificarse co logo HYDRANEO.
Limagrain comercializa desde hai 4 anos a súa tecnoloxía Starcover, que contribúe a que as variedades expresen todo o seu potencial.
StarCover está composto por dous bioestimulantes diferentes: o primeiro produce un incremento da superficie radicular, conseguindo que as raíces da planta abarquen máis superficie no solo, polo que aumenta a súa capacidade de chegar a máis nutrientes; o segundo bioestimulante actúa en simbiose coas raíces das plantas, solubilizando o fósforo bloqueado, á vez que constitúe un escudo protector para as raíces.
Estes dous bioestimulantes fan un efecto exponencial, conseguindo na planta máis, e mellores, raíces, plantas máis sas, máis produtivas e con máis calidade para forraxe.
Este ano ademais presentamos Starcover Secure, que ofrece protección funxicida extra, protección insecticida e un efecto de control fronte a paxaros. Desta forma, preténdese evitar calquera contratempo que poida dificultar conseguir un silo abundante e de calidade.
O ultimo label que presentamos este ano é Secure Bird Repellent, que identifica ás variedades que contan cun repelente fronte a paxaros.
Grazas ao traballo realizado en investigación, o novo catálogo de Silo e Forrajeras inclúe as seguintes novidades:
Estas súmanse a variedades lanzadas o ano pasado, como Bowen ou LG 31.388, e a outras xa referentes na zona, como son LG 30.369 ou LG 30.444.
O novo catálogo xa está dispoñible na páxina web de LG:
Pódese descargar neste enlace o catálogo de silo e forraxeiras.
Na web atópase tamén, en formato descargable, a Guía de Ensilado creada por LG, onde se tratan temas como o rumen, a sementeira e a colleita, o silo, a ración e a rendibilidade. Ademais, o Blog de LG, que se converteu xa nun referente de contido agrícola de excelente calidade, ten noticias, Apuntamentos Técnicos e información agronómica elaborada por especialistas para coñecer mellor o manexo e dificultades dos diferentes cultivos.
A oferta de sementes de Silo e Forraxeiras de LG é o resultado da súa aposta pola mellora da produtividade das explotacións gandeiras, así como por darlle o mellor servizo aos agricultores.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta