PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Lanzan en España unha gama de alimentos a base de insectos

Carrefour incorpora a súa oferta un total de dez artigos como barritas enerxéticas, snacks ou pastas que teñen insectos entre os seus ingredientes

Nova gama de insectos nos supermercados Carrefour.

Cando hai uns anos a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) propuxo os insectos como un alimento clave para o futuro, en España o sector alimentario vía os insectos como unha alternativa moi lonxana, máis propicia para outras culturas. O caso é que agora os alimentos a base de insectos xa chegaron ós supermercados españois. Carrefour vén de lanzar unha nova gama de alimentos con dez artigos que incorporan insectos.

A cadea de distribución explica nunha nota de prensa que con esta nova gama, o seu obxectivo é ofrecerlle ós consumidores produtos novidosos que á vez sexan sostibles e respetuosos co medioambiente. En total, Carrefour lanza dez artigos, entre os que figuran barritas enerxéticas, snacks, pasta e granolas (similar ó muesli).

Imaxe dun dos produtos da gama.

Imaxe dun dos produtos da gama.

Todos estes produtos elaboráronse integramente en Europa e contan, segundo Carrefour, “cos mellores estándares de calidade” e con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica. O packaging da nova gama é de papel reciclado e inclúe información detallada dos ingredientes, así como información sobre as vantaxes que o seu consumo ten a nivel nutricional e para o medioambiente.

PUBLICIDADE

Carrefour considera que o consumo de insectos é unha tendencia alimentaria en auxe. Desde o 1 de xaneiro deste ano, “a lexislación europea cataloga ós insectos como novo alimento”, indica Carrefour. A cadea sinala que os insectos son ricos en proteínas, vitaminas B, ácidos omega 3 e 6, aminoácidos e ferro. Carrefour tamén destaca na súa nota que a producción de insectos implica a emisión dun “99% menos de gases de efecto invernadoiro” e reduce a contaminación e consumo de auga.

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *