Con Alltech IFM,, unha ferramenta inigualable para apoiar a formulación das dietas, conséguese o desenvolvemento de racións máis manexables para o rume, mitigando a xeración de restos e residuos, tanto físicos como ambientais, das racións
Alltech, empresa mundial de nutrición animal, lanzou o seu primeiro laboratorio de fermentación in vitro, Alltech IFM TM, con sede en Europa, en colaboración con Harper Adams University, no Reino Unido. Alltech IFMTM é unha ferramenta nutricional para a simulación da fermentación ruminal e avaliación da dixestibilidade do penso e das forraxes polo animal.
Dirixido a agricultores, gandeiros e a fabricantes de pensos, a utilización de Alltech IFM TM pode identificar as barreiras que impiden conseguir unha función ruminal óptima. Ademais, permite que as racións sexan formuladas baseándose na dispoñibilidade dos nutrientes, axudando a reducir a perda de enerxía e o desperdicio da ración.
As mostras de pensos, que poden incluír concentrados, forraxes frescas, ensilados ou racións totais mixtas (RTM), son incubadas usando fluído ruminal durante 48 horas e, a continuación, analízaselles o seu contido en acedos graxos volátiles (AGV) e biomasa microbiana. Durante todo o proceso, Alltech IFMTM mide a produción de gas, que representa a cantidade de enerxía perdida en forma de metano e calcula as emisións de metano por animal. Validada polo estándar Carbon Trust, Alltech IFM TM é unha ferramenta efectiva para predicir as emisións de metano entérico específicas da explotación ou da dieta.
Con sede na Universidade Harper Adams, do Reino Unido, este laboratorio constitúe a sétima instalación dun laboratorio Alltech IFMTM no mundo. “A introdución en Europa do noso laboratorio Alltech IFM TM constitúe un gran avance decisivo para nós, posto que agora posuímos a capacidade de analizar as dietas con parámetros europeos, asegurando que os nosos clientes se beneficien dun apoio técnico avanzado”, expresou Matthew Smith, vicepresidente de Alltech.
Esta colaboración reforza aínda máis a alianza, que Alltech e Harper Adams University estableceron en 2013, no ámbito da investigación. “Ter o laboratorio Alltech IFMTM na Universidade Harper Adams, permítenos emprender estudos fundamentais acerca da nutrición e do metabolismo dos rumiantes para poder optimizar a fermentación ruminal e, por tanto, mellorar a saúde animal, o seu rendemento e a súa lonxevidade”, explicou o profesor Liam Sinclair de Harper Adams University. “A nosa meta, ao estudar a fondo a fermentación ruminal con Alltech IFM TM, é reducir ao mínimo os produtos de refugallo ou ben, minimizar a produción de gas e sacar o máximo proveito dos AGV e da biomasa microbiana, que son nutrientes indispensables para a vaca”, engadiu o Dr. Jim Huntington da Harper Adams.
“Xunto co equipo de Harper Adams University, estamos entusiasmados xerando novas achegas e resaltando a estreita relación existente entre certas dietas e os sistemas gandeiros de carne e de leite en alta produción, a escala europea. Agora máis que nunca, cremos que Alltech IFMTM pode desempeñar unha función extraordinaria, axudando a afrontar as grandes preocupacións polo medio ambiente, a reducir os residuos e produtos de refugallo das explotacións e, en definitiva, a contribuír ao Planet of PlentyTM”, conclúe Matthew Smith.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta