O Ministerio de Agricultura fixou os importes provionais das axudas da PAC asociadas á gandería. Para a campaña 2024, o primeiro pago do saldo, que se fará a partir do 1 de decembro, poderá alcanzar ata o 90% do importe total da axuda.
Agricultura establece os importes unitarios provisionais revisados cos que se realiza o primeiro pago do saldo, en base ao número de animais con dereito a pago en cada unha das intervencións, dato obtido da información facilitada polas comunidades autónomas. Sobre esa base, tendo en conta a partida orzamentaria para cada sector, faise o cálculo.
Para vacún de carne en extensivo hai 186 millóns de euros, para produción sostible de leite de vaca 122 millóns de euros, para ganderías de ovino e caprino de carne 131 millóns e para produción de leite de cabra e ovella 44 millóns.
En base a esas cifras, os importes provisionais das axudas por animal son os seguintes:
En abril do próximo ano, unha vez pechado o número total de animais que perciben as axudas, establecerase o importe unitario definitivo, co cal se poderá realizar o segundo pago do saldo das axudas, ou sexa, o 10% restante.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta