PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Importante suba nos becerros de recría e estabilidade no porcino

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 10 de marzo.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola importante suba nos becerros de recría, até un 25% máis con respecto á semana anterior no caso dos de raza Frisoa e menor, aínda que tamén importante, no caso dos de cruce industrial. Os prezos quedaron do seguinte xeito:

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que a pasada semana. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.

PUBLICIDADE

Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo.

Párase a suba dos prezos do porco cebado e dos bacoriños

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada, poñendo fin a varias semanas de suba consecutiva. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse tamén manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos, Alemaña e Holanda, os prezos evolucionaron á baixa.

PUBLICIDADE

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *