PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Impex Europa lanza unha cinta antiinsectos, especial para árbores, establos e industrias alimentarias

Os insectos, especialmente as formigas, quedan adheridas á cinta e non provocan problemas de sanidade vexetal

Impex Europa S.L., empresa galega líder en España en fabricación e venda de raticidas, ven de lanzar ao mercado Temobi Cinta, unha cinta adhesiva especial para o control de pragas en todo tipo de árbores e plantas, así como establos e industrias agroalimentarias.

Temobi Cinta permite controlar de forma eficaz tanto de insectos voadores como rasteiros que poden provocar danos nos árbores e plantas, así como en instalacións agrogandeiras.

Un produto sen veleno e que non contamina

PUBLICIDADE

“A cinta é moi sinxela de usar: só hai que despegar o adhesivo, rodear o tronco e pegar as unións”, aseguran dende Impex Europea. Ademais, salientan que “é un produto sen veleno e que non contamina o medioambiente”.

Deste xeito, Temobi Cinta pódese utilizar en calquera lugar, especialmente en zonas nas que o uso de insecticidas tradicionais pode ser perigoso ou estar mesmo prohibido, como establos, queixerías, almacéns alimentarios, depósitos de froita, matadoiros…..etc.

Ver todas as noticias de noticias de empresa

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *