
Os ensaios realizados en diferentes parcelas nestes últimos tres anos confirman a eficacia do abonado integral de ICL para o cultivo do millo desenvolvido pola firma especializada en fertilización agraria Agromaster. O programa de ICL para o cultivo do millo consiste na aplicación de tres produtos: Agromaster con tecnoloxía de encapsulado E-Max, Agromaster Start Mini con tecnoloxía Poly-S e o abono foliar Agroleaf Power, con M-77.
Co plan de abonado de ICL, puideron comprobar ao longo deste tres anos o bo estado sanitario do millo en tódalas leiras, cunha boa cor e sen ningún tipo de carencia. “As colleitas foron excelentes tanto en calidade como en cantidade, observando a primeira ollada todas as espigas perfectamente calladas e demostrando con feitos a eficacia e rendibilidade da solución integral para millo de ICL”, reivindican desde Agromaster.
ICL conta cunha ampla experiencia na fabricación de encapsulados para crear produtos cun tempo de liberación moi preciso que se indica en cada produto. Así, o fertilizante Agromaster utiliza a tecnoloxía E-Max, que é unha tecnoloxía de liberación controlada consistente nunha cuberta de polímero que mellora a utilización eficiente do nutriente. A liberación dos nutrientes baséase na humidade e na temperatura, ofrecendo valores de lonxevidade predicibles e reducindo a cantidade de nitróxeno que se libera ineficazmente á atmosfera, os custos de aplicación e os valores excesivos de salinidade prexudiciais para a planta cando se aplica o fertilizante de forma localizada. Ademais, aumenta a seguridade, rendibilidade e eficacia do fertilizante.

Funcionamento da tecnoloxía E-Max.
Pola súa banda, Agromaster Mini utiliza a tecnoloxía Poly-S, que é outra tecnoloxía de ICL baseada nun encapsulado de xofre e un polímero. A liberación do nutriente coa tecnoloxía Poly-S é menos dependente da temperatura e o compoñente de xofre do encapsulado engade valor nutritivo ao produto. Neste cultivo de millo utilizouse Agromaster Mini 21-21-5, a unha media de entre 30 e 50 quilos por hectárea localizado na zona de sementeira. Con iso conseguimos un mellor arrinque independentemente das condicións que teñamos.

Claves da tecnoloxía Poly-S.
Desde Agromaster proporcionan unhas recomendacións a seguir no plan ICL para lograr bos resultados no cultivo do millo:
– Na sementeira recomendan aplicar Agromaster 27-10-10 co 30% do Nitróxeno encapsulado con E-Max de 3-4 meses de lonxevidade, a 500-1.000 quilos por hectárea, así como o fertilizante starter Agromaster Start Mini 21-21-5 co 40% do Nitróxeno encapsulado e tecnoloxía Poly-S, a dose de 30-50 quilos por hectárea e aplicado preto da semente.
– Ás poucas semanas é preciso aplicar o herbicida, mesturado cun abonado foliar, Agroleaf Power 31-11-11, a dose de 4-6 quilos por hectárea. “O abonado Agroleaf Power axuda a que a planta salga antes do estrés provocado polo herbicida e a que este actúe con maior eficacia sobre as malas herbas”, detallan.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta