O venres 27 de novembro celebrarase no municipio de Agolada a I Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino de Leite e de Carne Memorial Xosé Luís Xacobo, unha iniciativa promovida pola asociación O Parapeto en colaboración con Africor Pontevedra.
A xornada celebrarase no local da Terceira Idade da Golada e a asistencia é libre e gratuíta. O programa da xornada é o seguinte
12:00 Inauguración a cargo da conselleira de Medio Rural,Ángeles Vázquez Mejuto
12:30 Raza bovina Rubia Galega: Luis Vidal Galego, enxeñeiro técnico agrícola que actualmente realiza alimentación e xestión de explotacións na Asociación de Africor Pontevedra.
13:15 Información sobre a mellora xenética mediante uns correctos apareamentos: José Luis Meixome Fernández, técnico encargado da realización de apareamentos na Asociación de Africor Pontevedra e colaborador no comité da mesa de selección de touros no centro de Xenética Fontao. Realiza tamén control leiteiro en varias granxas e participa na preparación de animais para as fotos dos catálogos así como para concursos provinciais, autonómicos e nacionais.
14:00 H Alimentación bovina: Oscar Sobrado Castro, enxeñeiro técnico agrícola que actualmente realiza alimentación, xestión e control leiteiro na Asociación de Africor Pontevedra
14:45 H Xantar na parrillada de Agolada e clausura a cargo de José Mejuto Carballal, vicepresidente da Asociación O Parapeto e D. Ramiro Varela Peón, alcalde do Concello de Agolada.
Despois do xantar faráse o sorteo de varias doses seminais doadas polo centro de touros “Xenética Fontao”, máis diversos obsequios relacionados co agro.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta