Considera que, segundo as bases da Consellería do Medio Rural, “son unha subvención corrente para garantir uns ingresos mínimos ao comezo da actividade”. Desde Medea Asesores recomendan fraccionar a declaración da axuda ao longo de 5 anos para evitar o pago único
A Axencia Tributaria insiste en que as axudas de incorporación á agricultura e gandería deben tributar como unha subvención corrente; é dicir, como un ingreso máis para uso particular e rexeita que vaia a cambiar de criterio. Desta forma, os mozos que se incorporen a este sector terán que tributar ata 6.000 euros por unha axuda que, no mellor dos casos, rolda os 24.000 euros.
Así, segundo consta na resposta da oficina de prensa da Axencia Tributaria a Campo Galego, o criterio que aplica a AEAT é o establecido pola Dirección Xeral de Tributos, órgano do Ministerio de Facenda, pero alleo á Axencia Tributaria, no ano 2011 e por mor dunha consulta por unha axuda de incorporación da Xunta de Galicia.
Ministerio de Facenda: “Estas axudas son para garantir uns ingresos mínimos ao comezo da actividade, non para realizar un investimento”
Segundo este criterio, “a subvención percibida polo consultante terá o carácter de subvención de capital sempre que teña como finalidade o financiamento de inmobilizado ou capital fixo do empresario ou profesional. Con todo, se o seu obxecto é garantir, durante o inicio da actividade, uns ingresos mínimos, deberá tratarse como unha subvención corrente”.
Con todo, para a Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda a axuda de incorporación da Consellería do Medio Rural “aínda que entre os requisitos esixidos para a concesión da mesma esíxase acreditar un investimento directo en activos fixos (maquinaria, instalacións..etc) , a finalidade da mesma é a de fomentar a primeira instalación de agricultores novos, asegurando uns ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, polo que estamos ante unha subvención corrente”.
Un criterio, cando menos, controvertido e discutible, que, ademais, contradise coa realidade, xa que a inmensa maioría destas axudas dedícanse ou ben investila na modernización da explotación (maquinaria nova, compra de gando, novas instalacións…) ou na compra de accións para entrar nunha sociedade (SAT, SC..etc).
Que a Declaración da Renda de 2015 sexa a primeira na que se aplica de forma xeneralizada este criterio por parte da Axencia Tributaria débese a que “as comprobacións dos contribuíntes realízanse periodicamente e, loxicamente, non se comproba á vez a todos os contribuíntes”, aseguran.
Recomendación de declarar o ingreso da axuda ao longo de 5 anos
Ante esta situación, desde Asesoría Medea, especializada no sector agrogandeiro, recomendan “a parte de declarar a axuda o ano en que aparece ingresado no banco, non cando se concedeu, fraccionar o importe da axuda, e por tanto a cantidade para devolver, nos 5 anos en que é obrigatorio permanecer na actividade agraria”. Así, no canto de pagar 6.000 euros dunha soa vez, habería que devolver 1.200 ao longo dos cinco exercicios fiscais.
Consulta vinculante da Dirección Xeral de Tributos sobre as axudas de incorporación á actividade agrogandeira:
|
NUM-CONSULTA |
V1348-11 |
|
ORGANO |
SG de Impuestos sobre la Renta de las Personas Físicas |
|
FECHA-SALIDA |
26/05/2011 |
|
NORMATIVA |
LIRPF 35/2006, Arts. 14-1-b), 27-1; RIRPF RD 439/2007, Art. 7-2 |
|
DESCRIPCION-HECHOS |
El consultante ha percibido una ayuda para la mejora de la eficacia y sostenibilidad de las explotaciones agrarias y para la incorporación de nuevos activos agrarios, convocada por Orden de 10 de mayo de 2007 de la Xunta de Galicia, que se publicó en el D.O.G.A. de 16 de mayo.. |
|
CUESTION-PLANTEADA |
Si la subvención concedida por la Junta de Galicia se debe imputar al consultante o a la sociedad civil de la que el mismo es socio. |
|
CONTESTACION-COMPLETA |
El artículo 11 de la Ley 38/2003, de 17 noviembre, General de Subvenciones (BOE de 18 de noviembre), previó la posibilidad de designar como beneficiarias de una subvención, además de a las personas físicas y jurídicas, a las comunidades de bienes y otras entidades sin personalidad jurídica. Beneficiarios. |
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta