Este fin de semana a vila coruñesa de Arzúa convértese na capital galega dos amantes do queixo e da boa música coa 45ª Festa do Queixo de Arzúa 2020.
O recinto feiral abriuse este sábado ás 11:00 horas para o público, que poderá degustar e mercar ao cuberto os produtos de 78 expositores, dos que 55 son queixerías de Galicia, principalmente da Denominación de Orixe Arzúa Ulloa, pero tamén de todo o Estado.
Tamén se celebrarán, como xa é costume, obradoiros de elaboración de queixos e catas a cargo da D.O.P. Arzúa Ulloa. #QUEIXO2020
Velaquí o programa completo:
11 h. APERTURA DE PORTAS RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’
QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no FOTOCOL! Todo o día. Recinto feiral
FOOD TRUCKS durante toddo o día no Campo da feira
11 – 12 h Obradoiro infantil de queixo
Despois de muxir, lavar as mans e por bata e gorro, @s participantes elaboran un queixo fresco e ao rematar 5 queixos máis cos que farán un piano de queixo que tocar despois. Cada nen@ levará para a casa o seu queixo nunha bolsa de tea.
Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello durante a festa ata media hora antes.
11 – 13 h Animación de rúa co Grupo de gaitas CASTRO CURBÍN
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza
11 – 13 h EXPOSICIÓN CONCURSO DE CARTEIS 45ª EDICIÓN
Capela da Madanela. De 11 a 13 h e de 16 a 18 h (domingo 1, de 11 a 13 h)
12 h INAUGURACIÓN OFICIAL e PREGÓN Campo da feira
Entrega de Premios Concurso de Carteis, 14º Concurso de Tapas e Petiscos ‘Festa do Queixo’ e Arzuán do Ano 2019. PREGOEIRA: BENEDICTA SÁNCHEZ, PREMIO GOYA 2020 A ACTRIZ REVELACIÓN
É a actriz de maior idade en conseguir o galardón cinematográfico nesta categoría. É fotógrafa e actriz, e ten 84 anos. Naceu na parroquia de San Fiz, en O Corgo (Lugo). Con 17 años, foi a primeira galega declarada vexetariana. Emigrada ao Brasil traballou 15 anos como fotógrafa, nunha casa, nun bar e nunha librería… Debutou cun papel protagonista no filme “O que arde”, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada co Goya 2020 á mellor actriz revelación.
Entre os actos, actuación DÚO NOITE NA AUGA -violíns-
12:45 h Inauguración Paso de Vaca de Arzúa. Fronte ao recinto feiral
17 – 18 h. Obradoiro infantil de queixo. Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.
18 h 4º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
«Concerto Punk Infantil» con Peter Punk e Brais das Hortas
Espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e dos cativos.
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1.000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Brais das Hortas. Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mestura diversos xéneros como os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.
18 – 20 h. Animación de rúa coa CHARANGA SANTA COMPAÑA. Recinto feiral, rúas e praza de Galiza
20.30 h PECHE RECINTO FEIRAL
21.30 h FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
21.31
EL CAPITÁN ELEFANTE– GAÑADOR CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN – | 21.30 h. A banda bilbaína El Capitán Elefante transmite un rock directo e melódico con letras e estribillos pegadizos, acompañados de letras sobre historias cotiás. O seu cuarto traballo, “Electroconfort”, afianza o seu particular son, ideal para os amantes do power-pop/indie-rock nacional. Neste 2020 non paran de pechar novas datas, o que non fai máis que confirmar a traxectoria ascendente dunha banda cunha forte personalidade e un directo irresistible.
TEQUILA | 22.30 h
Grupo de referencia da Movida, #AdiosTequilaTour será unha ocasión histórica e unha oportunidade única de velos e desfrutar do seu incrible directo en Arzúa, e de balde, antes da súa despedida final no Wizink Center en Madrid o 20 de marzo. As súas cancións creceron co paso do tempo converténdose en parte da banda sonora do Rock&Roll nacional. Ariel Rot e Alejo Stivel lévannos ao son orixinal dos seus temas, a calidade que como músicos gañaron co paso do tempo.
NOVEDADES CARMINHA | 00.30 h
O grupo santiagués de punk e garage rock fundado en Madrid no 2007 estréase no festival.A súa música bebe dos grupos punk e garage rock xurdidos no Reino Unido e Estados Unidos a finais dos oitenta e moitas bandas españolas. O seu estilo contén desde melodías atractivas con sentido do humor, ata a simpleza de catro riffs de guitarra e estribillos mordaces. Os seus directos conseguen que o público sexa parte activa do espectáculo.
LADILLA RUSA| 02 h
O grupo catalán de electropop Ladilla Rusa, porá a fin de festa do sábado.Naceu en 2017 como unha broma de dous amigos de toda a vida, os xornalistas Tania Lozano e Víctor F. Clares. Desde entón, e sempre co humor e a festa como bandeira, o grupo popularizou cancións como “Bebo (de bar en peor)”, “Criando Malvas”, “Princesas” ou a que é xa case un himno de verbena, «Macaulay Culkin». Os seu directo transmite diversión en cada nota, con temas moi bailables.
10 h APERTURA RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’. QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no fotocol! Recinto feiral. Todo o día. Único requisito: o teu mellor sorriso! J
10.15 – 14 h 2º Torneo Chessand Cheese Arzúa. Torneo para nenos e nenas ata sub14 e un torneo aberto de rápidas válido para Elo FIDE. Local Social de Santa María
11 – 12 h Obradoiro infantil de queixo
Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.
11 – 13 h Animación de rúa Grupo de gaitas FOL DA CHOUSA
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza
11 – 13 h EXPOSICIÓN CONCURSO DE CARTEIS 45ª EDICIÓN
Capela da Madanela
11.30 h 4º FESTIVAL ‘PEQUEQEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
«Barquiño de Pau» con Tropa de Trapo
Espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel de estraza, tecidos ou paraugas convertidos en medusas.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea… Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou
medusas con paraugas.
12 – 14 h Animación de rúa con FONDAOS DO PÍFARO
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza
12.30 h SESIÓN VERMÚ FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
MJ PÉREZ
É unha das novas voces do panorama actual da música galega. Defínese como “cantautora”, mais se algo está claro é que MJ non é unha cantautora ao uso. A súa música bebe da esencia da canción de autor, unha fusión de diversos estilos musicais co predominio do rock-pop ata o de agora, mais co seu novo disco emprende un cambio de rumbo no que os ritmos latinos e a música de raíz están máis presentes, xunto cunha voz cargada de personalidade.
17 – 18 h Obradoiro infantil de queixo
Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.
18 h FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
LUAR NA LUBRE| 18 h
Unha das bandas de referencia da música folk. A súa música non entende de fusións e confusións, de modas e de vaivéns. É un exemplo de lealdade a unha maneira de facer, de descubrir enlaces entre a raíz e o contemporáneo, de constancia en tempos difíciles que sempre dá froitos. En 2018 publicaba novo disco, “Ribeira Sacra”co obxectivo de poñer en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
BAIUCA (Live Band A/V Show)| 19.50 h
Baiuca, é un proxecto que fusiona o folk galego e a música electrónica. Tras converter a súa mixtape iniciática “Faiado” nunha das preferidas da prensa musical e poñer música ao desfile do deseñador Manso Madrid na Mercedes Benz Fashion Week Madrid en 2018, ve a luz “Solpor”, un álbum que se convertería nun dos mellores para a prensa musical. O disco reeditouse en formato botella de viño con D.O. Ribeiro, vendendo todas as unidades en tan só catro días.
18.30 h. PECHE RECINTO FEIRAL

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta