Esta fin de semana comeza a novena edición das xornadas de portas abertas nos Roteiros dos Viños de Galicia, unha cita para gozar dos viños e do patrimonio de adegas emblemáticas das cinco denominacións vitivinícolas de Galicia (Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas).
A Xunta de Galicia mantén estas actividades pero “adaptando o programa ás novas restricións” que estableceu a Consellería de Sanidade para facer fronte ao avance da covid-19.
Desta forma, quedan cancelados todos os buses do viño inicialmente previstos no programa, como consecuencia das limitacións de aforos e de reunión de grupos dun máximo de cinco persoas.
As adegas e museos adheridos ao programa manterán as súas portas abertas nos horarios establecidos e tamén continúan as visitas programadas ás adegas, os menús nos restaurantes e as ofertas especiais nos aloxamentos adheridos, “respectando sempre as normativas e aforos establecidos”.
Do 30 de outubro ao 1de novembro
Do 30 de outubro ao 1 de novembro
Do 30 de outubro ao 1 de novembro.
Do 23 ao 25 de outubro
Do 23 ao 25 de outubro
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta