A Feira do Viño do Ribeiro terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril, en Ribadavia, celebra este ano a súa 60º edición
A organización da Feira do Viño do Ribeiro, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia, ven de pechar as admisións dos participantes.
Tras o remate do prazo de inscrición, entre adegas e colleiteiros suman 34 participantes, que formarán parte dunha edición especialmente emotiva ao celebrarse a 60ª edición, e na que se contará, como nos últimos anos con zona gastronómica e actuacións musicais en directo, así como un amplo programa de actividades vencelladas á cultura e ao mundo do viño.
Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel e o pregoeiro para a presente edición, nos que xa se leva tempo traballando.
Mentres tanto, poderase seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta