PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A feira Figan 2019 comeza o próximo martes con máis de medio cento de xornadas técnicas

O Salón Internacional de Producción Animal de Feria de Zaragoza contará con 975 firmas expositoras

Edición anterior de Figan.

Feria de Zaragoza acollerá desde o martes 19 ó venres 22 de marzo unha nova edición de Figan, o certame adicado á produción animal que se celebra cada dous anos, alternándose con Fima Agrícola. A feira contará cun total de 975 firmas expositoras, que amosarán todo o seu potencial tecnolóxico nunha superficie de máis de 86.000 metros cadrados de superficie expositiva.

O certame completarase con máis de medio cento de xornadas técnicas, nas que participarán empresas, asociacións e institucións. Sostibilidade e innovación serán os dous temas protagonistas das xornadas nesta edición de Figan. Contarase con foros específicos en sectores como o porcino e o vacún de carne, así coma cun foro de Veterindustria sobre as novidades nos reglamentos europeos en materia de medicamentos.

Ver todas as noticias de noticias de empresa

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *