A Asociación fallou os certames convocados polo seu 50 aniversario, un de foto e outros dous infantís de redacción e debuxo. Celebrará este venres o seu medio século de vida cunha Festa en Lugo

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) fallou esta semana os premios dos concursos de fotografía, debuxo e redacción que convocou a raíz do seu 50 aniversario. No concurso de fotos, no que podían participar gandeiros e gandeiras de toda España, o primeiro premio, dotado de 400 euros, foi para José Antonio Ferreiros Palacios. O segundo premio, de 300 euros, foi para Montserrat Fernández Gudín e de terceiro quedou Ganadería Santalla SC.
En total houbo 190 imaxes participantes, das que 12 foron finalistas. Todas ellas se exhibirán na festa programada por Acruga para este venres. O xurado do certame, formado por membros de Acruga e xornalistas, tivo en conta tanto criterios ligados ó estandar racial da Rubia Gallega como criterios artísticos. No xurado estaban Modesto Arias (Acruga), Sergio Aller (Ancaria Comunicación) e María de la Torre (Diálogos Comunicación).
Concursos infantís
No concurso de debuxo, dirixido a estudantes de Educación Primaria, o primeiro premio foi para Omar Meiriño, do colexio Eloísa Rivadulla (Chantada); o segundo clasificado foi Adrián Maceda (Sarria) e de terceira quedou María Otero (Chantada).
No certame infantil de redacción, quedou primeiro José Antonio Ferreiro (Paradela), coa súa redacción ‘A vaca Gabriela’, en tanto David Dorado Marqués (Colexio Maristas) obtivo o segundo premio e Ariadna Sestelo (Salvaterra do Miño), o terceiro.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta