A Consellería do Medio Rural aborda este ano a segunda fase da iniciativa, coa que quere implantar arredor de 750 hectáreas de pastizais. O obxectivo é apoiar á gandería extensiva e crear áreas forestais sen biomasa que contribúan a frear posibles incendios
A restauración ambiental de montes queimados representa unha oportunidade para que as empresas galegas compensen as súas emisións de CO2. Un proxecto en Caldas de Reis impulsado conxuntamente por Clun e a Fundación Arume, primeiro caso na comunidade
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza analizou o manexo do territorio en tres espazos da comarca, as Brañas de Laíño (Dodro), o monte veciñal de Baroña (Porto do Son) e o de Froxán (Lousame). Abre unha convocatoria para apoiar proxectos que aproveiten a potencialidade da comarca
Como mellorar a xestión forestal en Galicia?, que oportunidades lle ofrece a economía verde ó monte galego?, como compatibilizar as demandas sociais de conservación da natureza coa xestión forestal?. Son cuestións candentes que abordamos nesta entrevista co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan
Entrevistamos ó presidente da comunidade de montes de Piñeiro (Tomiño), Jesús Rodríguez, que nos explica como unha zona que hai anos era espazo habitual de incendios se transformou nun espazo que combina kiwis, piñeiros, eucaliptos e zonas veciñais de ocio
A CMVMC de Santa Mariña de O Viso, no Incio, ardía "un ano si e outro ano tamén" ata que, fartos desta situación, no 2010 un grupo de comuneiros decidiron introducir gando para manter o mato a raia. Desde entón non volveu haber incendios e a actividade serve de complemento a dúas ganderías de vacún de carne da parroquia
Priorizaranse as actuacións na zona demarcada polo nematodo do piñeiro e na franxa tampón con Portugal, así como os apoios a comunidades de zonas desfavorecidas ou enmarcadas na Rede Natura
O obxectivo das achegas, que se convocarán nos próximos días por primeira vez, é o de apoiar a profesionalización das comunidades en cuestións como a xestión administrativa e técnica ou a certificación forestal. Financiaranse ademais deslindes parciais
Comunidades de montes veciñais do sur de Pontevedra advirten de estragos en pistas e repoboacións forestais. A Asociación Forestal de Galicia lembra que as vías forestais quedan por Lei adscritas á xestión forestal e “non son de acceso público”
A madeira vendeuse na última poxa pública electrónica celebrada en Lugo. A maioría dos lotes pertencían a comunidades veciñais en man común e 16 deles contaban con certificación forestal sostible