O obxectivo das achegas, que se convocarán nos próximos días por primeira vez, é o de apoiar a profesionalización das comunidades en cuestións como a xestión administrativa e técnica ou a certificación forestal. Financiaranse ademais deslindes parciais
O Consello da Xunta deulle o visto bo a unha nova liña de axudas orientada a promover a boa gobernanza dos montes veciñais. A Xunta adicará 1,5 millóns de euros a unha convocatoria que se publicará nos próximos días. O obxectivo é contribuír a profesionalizar a xestión das comunidades e consolidar a delimitación das propiedades dos montes veciñais. A idea é que a convocatoria desta nova liña de axudas se publique cada dous anos.
A orde das subvencións contará con 4 liñas:
– Apoio á xestión forestal, en especial á xestión administrativa e técnica para desenvolver plans de ordenación aprobados. Tamén se poderá sufragar a certificación forestal do monte ou actuacións como direccións de obra, tramitacións de axudas e redacción de proxectos e memorias.
– Revisión dos esbozos que recollen os límites dos montes veciñais, xa que hai inexactitudes e erros cartográficos.
– Deslindamentos parciais entre comunidades de montes veciñais.
– Deslindamentos parciais entre comunidades de montes veciñais e propiedades particulares.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta