Boa parte das adegas galegas están esta semana xa en plena vendima. A uva atópase nun excelente estado sanitario e prevese que nalgunhas Denominacións de Orixe haxa unha abundante produción. Coñecemos as previsións de cada zona vitícola
Segue a alta demanda das variedades brancas e nas Rías Baixas os prezos sitúanse arredor dos 2,5 euros. As uvas de Albariño e Godello son das mellor pagadas. A baixada dos prezos dos viños tintos españois arrastra ós galegos e as uvas tintas cotízanse mesmo a 60 céntimos
Tódalas DO’s esperan incrementar o volume da última colleita e contan cunha uva de calidade excepcional. As altas temperaturas da pasada semana fan que sexa unha das vendimas máis temperás en todas as demarcacións
A vendima volve ás datas habituais e comezará na primeira quincena de setembro. As viñas atópanse nun bo estado sanitario e agárdanse boas producións de uva que mesmo poden chegar a cifras históricas
Jorge Navascués, un dos grandes elaboradores de viño de España, analiza as posibilidades e vantaxes que ofrece e os puntos débiles da uva Godello. O experto aborda os retos de futuro desta variedade galega que se atopa en plena expansión especialmente nos viñedos de Valdeorras e Monterrei
A adega de Manuel Vázquez Losada é a última incorporación á DO Monterrei. Este mozo ourensán non dubidou en seguir co lanzamento do seu primeiro viño, pese ós atrancos que o coronavirus trouxo ás adegas estes meses
A suba arancelaria do 25% nos EEUU, que entra en vigor este venres, e a incertidume do Brexit ameazan a internacionalización das adegas galegas, que apostaron en moitos casos nos últimos anos por abrir mercados fóra. O maior prexuizo estaría nas Rías Baixas, cun maior volume de exportación aos Estados Unidos e Inglaterra.
A adega Fausto Rivero, de Oímbra, foi a última en incorporarse á DO de Monterrei. Tras varias xeracións de viticultores, Fausto deu o paso para crear a súa adega e embotellar o seu viño. Os primeiros tempos están a ser complicados, falamos con el para coñecer como afronta as dificultades
O Consello Regulador da Denominación de Orixe distingue ó viticultor Felisindo Prieto, ó catador Juan Ramón Fuentes e á adega Ladairo
Esta adega da DO Monterrei, que xestiona arredor de 23 hectáreas de viñedo, mantén o coidado da calidade desde o traballo nas viñas, onde xa nos anos 80 o seu fundador, José Luis Vaz, decantouse por variedades coma o godello e a treixadura en brancos, e a mencía e a arauxa en tintos
A adega da denominación de orixe Monterrei, xestionada por Martín Códax a través dun acordo coa cooperativa propietaria, oriéntase á elaboración de brancos de calidade.
Puri García, herdeira dunha tradición familiar que se remonta varias xeracións, impulsou conxuntamente co seu marido a creación de Triay, unha adega da denominación de orixe Monterrei que plasma o seu traballo en monovarietais de godello e mencía
Entrevista a Lara da Silva Rodríguez, nova presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Destaca que “posiblemente nos vindeiros meses se sumarán novas adegas á DO”