A acción formativa centrarase na iniciación á apicultura e tocarao practicamente todo, desde o coidado e mantemento das colonias de abella até a colleita do mel e doutros produtos da colmea.
Unións Agrarias advirte de que o prezo do mel non cubre os custos de produción, un problema que se suma a fortes caídas da produción nos últimos anos e á importación masiva de mel de terceiros países
O Sindicato Labrego traslada ás Consellerías e ó Ministerio unha batería de demandas urxentes dos apicultores. Activarán unha campaña multisectorial por unha estratexia real de loita contra a vespa velutina
O apicultor e experto criador de raíñas francés Gilles Fert ofreceu na Feira Internacional de Apicultura de Lalín (Pontevedra) algunhas recomendacións de prácticas coas que ter colmeas fortes para o comezo da temporada
Participarán 57 expositores e destacados especialistas no mundo das abellas procedentes de países como Macedonia, Francia ou Austria
Organizacións agrarias advirten de que a caída da produción e o aumento das importacións de mel provocan unha redución das vendas. Solicitan axudas directas aos apicultores e mellorar o control sobre a etiquetaxe e as importacións
A Feira Apícola das Rías Baixas, organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e a IXP Mel de Galicia, será o marco de celebración desta cita. A xornada será gratuíta e estará accesible en liña o vindeiro 9 de abril, entre as 10.30h e as 20.30h
Esta iniciativa de Elías Seoane está repartida en máis de 500 colmeas por todo Galicia, das cales saca resultados de diferentes partes do territorio con resgos moi representativos. O tratamento do produto, o tipo de abella ou a relación do animal co entorno son cuestións clave que dan lugar a mostras de calidade seleccionadas e recoñecidas en galardóns internacionais