A primeira quincena de agosto saldouse con 37 incendios forestais de entidade, dos que 25 se desenvolveron nas comarcas occidentais. Medio Rural prevé actuacións para previr a erosión e axudas para os montes afectados
A escasa xestión dos montes, que presentan abundancia de combustible forestal, dificulta a extinción dos incendios en condicións duras como as desta semana, con fortes ventos do nordés, seca e altas temperaturas. “Ardeu todo o que quixo”, resumen en Santa Cristina de Fecha (Santiago), onde as lapas calcinaron máis de 800 hectáreas en 30 horas
Visitamos o Centro de Coordinación de Incendios Forestais de Galicia que controla en tempo real a evolución dos lumes e os medios de loita antiincendios na Comunidade. Melloras no sistema de seguimento de avións e vehículos, novos sistema de comunicación ou drons para obter mapas de temperaturas do terreo, entre as innovacións tecnolóxicas que están implantando.
Investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Escola Politécnica de Lugo desenvolven unha 'Foto-guía de combustibles forestais de Galicia'. O manual diríxese a técnicos, brigadas de extinción, xestores, propietarios do monte e persoal académico
A Consellería potenciará en cada distrito brigadas de investigación dos incendios forestais. Ourense acumula o 60% das parroquias de alta actividade incendiaria, 42 dun total de 67 en toda Galicia
As directrices do futuro Plan Forestal apostan por fortalecer as tarefas preventivas, ligándoas a traballos silvícolas que teñan sentido como investimento produtivo no monte. O sector márcase o obxectivo de pasar de 5.000 a 2.400 incendios anuais en 5 anos
Os afectados denuncian a súa indefensión xa que o pastoreo se realiza en terreos agrarios da súa propiedade, non suxeitos á Lei de Montes e de Incendios. Acusan á Xunta de incumprir as súas promesas e temen que as actas acaben en sancións.
Conclusións da xornada sobre os incendios en Galicia que organizou OVICA e a Plataforma STOP Non Máis Lumes no Concello de Cualedro. Piden o desbloqueo das axudas da PAC, que se deixe de criminalizar aos gandeiros e aseguran que a principal causa dos lumes é o abandono
Os piñeirais de Ourense e do sur de Lugo, os máis vulnerables ós incendios de copas, segundo conclúe unha tese de doutoramento de José María Fernández, da Escola de Enxeñería Forestal (Uvigo)
A prevención de incendios ten un aliado clave nos propietarios dos montes. Falamos con Luis Ortega, xefe do servizo de Xestión Forestal, sobre as boas prácticas para reducir os riscos dos lumes
Malia que hoxe remata a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia, mantense dita prohibición debido ás actuais condicións meteorolóxicas
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.