O acordo lácteo, suscrito con divisións, abre un escenario de incertidumes
Un total de 32 axentes do sector industrial e 24 da distribución asinan o pacto. Pola parte produtora, entran as cooperativas e Asaja, pero quedan fóra Upa e Coag
Un total de 32 axentes do sector industrial e 24 da distribución asinan o pacto. Pola parte produtora, entran as cooperativas e Asaja, pero quedan fóra Upa e Coag
Unións Agrarias-Upa considera insuficiente o novo documento, aínda que valora en positivo os avances dos últimos días e as liñas de traballo que se abren
Os gandeiros que bloquean as industrias lácteas permiten a saída de produtos para hospitais e bancos de alimentos. Advirten de que a suba anunciada polas cadeas de distribución “non serve”
Os gandeiros da parroquia de Abellá, en Frades, xúntanse para tirar nun prado arredor de 130.000 litros de leite. Reclaman un nivel de ingresos que faga rendible a gandaría
O grupo coordinador da protesta critica os bloqueos realizados nas industrias lucenses. O voceiro dos gandeiros, Roberto López, anuncia a creación dunha organización gandeira
O grupo coordinador da tractorada acorda que as máquinas continúen na muralla e facer actos informativos en cadeas de distribución. Grupos de gandeiros de distintos concellos están dispostos a sumarse ó bloqueo ás industrias
A industria láctea melidense presenta un proxecto de transformación no que entran a cooperativa Icos e XesGalicia. Queixos e subprodutos de alto valor engadido, obxectivos principais da iniciativa
Multas da Guardia Civil a parte dos tractores e un incidente co conductor dun automóbil paralizan o tráfico un par de horas. O sector insiste na urxencia da revalorización do leite
O Ministerio de Agricultura e a Consellería do Medio Rural negan que sexa viable un pacto coma o acadado en Francia. Analizamos en que consistiu o acordo galo e a súa posible traslación a España
A queixaría, centrada na produción de Arzúa - Ulloa, Tetilla e queixos industriais, aspira a converterse no "brazo industrial do cooperativismo galego"
Máis de 2.000 persoas e arredor de 800 tractores protagonizan unha nova mobilización comarcal en demanda de medidas que leven á recuperación de prezos do leite
Lugo súmase ó calendario de tractoradas o 3 de setembro e prevense catro días de protestas en torno a Santiago entre o 7 e o 10 de setembro, datas de reunións claves en Bruxelas e Madrid. Haberá tamén accións directas, por concretar, e no horizonte albíscase unha posible folga de entregas
Máis dun cento de produtores emprenden en León a primeira etapa dunha mobilización que rematará dentro de 12 días, o 4 de setembro, ante o Ministerio de Agricultura
A ministra asegura que a medida podería beneficiar a entre 2.500 e 3.000 explotacións, se ben Agricultura non aclarou aínda os criterios para a súa concesión
Milleiros de persoas asisten á mobilización e tractorada gandeira. Organizacións agrarias e produtores desconfían dos posibles compromisos voluntarios que poidan asumir industrias e distribución