Bruxelas parece decidida a avanzar na aplicación da Directiva comunitaria de 2009 de uso sostible dos praguicidas pero diversos organismos europeos constatan os escasos avances ata a data na redución da dependencia dos pesticidas químicos. A España a Comisión achácalle falta de ambición nos seus plans
Sigfito pon en marcha a Operación Reciclaxe, pola que premiará ós profesionais en función do volume de envases baleiros de pesticidas que entregaran este ano nos puntos de recollida
Recollemos de man de expertos e viticultores algunhas recomendacións sobre a utilización do xofre nos viñedos, un dos tratamentos empregados contra o oídio e que tamén ten propiedades acaricidas
Agricultores, viticultores e gandeiros poñen a disposición dos Concellos tractores e sulfatadoras para colaborar nas tarefas de desinfección das poboacións e reducir o risco de contaxio do Covid19
Un equipo da Universidade de Vigo traballa nun modelo de predición adaptado a Galicia, co que coñecer as condicións que propician a aparición deste fungo. Pretenden conseguir unha maior eficacia dos tratamentos e reducir as aplicacións
O enxeñeiro técnico Manuel Crespo concreta as obrigas que os produtores deben cumprir no manexo dos fitosanitarios, cada vez máis determinantes para obter a PAC
A iniciativa Viticast procura solucións innovadoras coas que desenvolver modelos de risco ante as afeccións máis comúns e así reducir o uso de tratamentos fitosanitario na vide
Falamos con José Luís Romeo, presidente da Asociación de Produtores de Millo (AGPME) sobre algúns dos retos que se presentan á produción deste cereal
Un Grupo de investigación da Universidade de Santiago analiza a cantidade de residuos que se acumulan tralos tratamentos fitosanitarios no viñedo. Non existen os viños totalmente limpos pero os restos detectados sitúanse moi por debaixo das marxes legais
O incremento dos custos de produción ou a falta de man de obra son algúns dos condicionantes polos que se empregan os herbicidas en moitos viñedos na zona do Douro, porén están a traballar en alternativas sostibles e rendibles. Coñecemos algunhas destas propostas
Un agricultor de Xinzo, Amador Saborido, trata un cultivo de chícharos por medio dun vehículo aéreo non tripulado, que axiliza o traballo e evita os danos que causaría un tractor ó entrar no campo
O organismo, dependente da Xunta, insta a produtores da provincia da Coruña a manter unha franxa de 5 metros sen traballar na marxe dos cauces fluviais. De facer caso omiso da petición, as ameazas de sanción son de 2.000 euros