XesGalicia concederá un préstamo participativo á entidade, que se usará en parte para pagar as uvas aportadas polos cooperativistas nas dúas últimas colleitas
A cooperativa acada unha facturación consolidada de 148,2 millóns de euros e medra por cuarto ano consecutivo logo de facer un importante recorte de marxes para conter o incremento dos custos de produción derivados da crise actual
No departamento de Ille et Vilaine, na Bretaña francesa, hai unhas 200 cooperativas de maquinaria en común. Coñecemos o funcionamento de Les Landes Fourragères, unha das máis grandes, que traballa 6.000 hectáreas de terreo e presta servizo a ganderías de leite, de vacún de carne, de porcino e de ovino
Agaca presenta na súa asemblea xeral un balance global negativo para os produtores debido ó incremento dos custos de produción. Na xornada o actual director xeral Cooperativas Agro-alimentarias de España, Agustín Herrero, próximo a xubilarse, despídese dos cooperativistas galegos
A cooperativa coruñesa centrou os seus esforzos fai dezasete anos en crear unha fábrica de lácteos para aportarlle unha vantaxe diferencial á produción de leite das ganderías dos seus socios. Tras unha evolución con diversas creacións premiadas, Campo Capela está transformando ao redor de 100.000 litros de leite mensuais
A sesión, na que intervirán como relatores David Pérez, gandeiro da Cooperativa A Carqueixa; Xosé Lois Lamazares, coordinador de Lugar da Veiga, e Óscar Freire, socio da SCG Amarelante, comeza ás 12.00 horas no Sala de Xuntas do centro universitario
A cooperativa agraria destina preto de 12 millóns de euros a investimentos, boa parte deles destinados á súa planta de transformación láctea Galacteum. Os socios de Aira aproban a adhesión das cooperativas Coba de Vales (Mesía) e Mopán (Monterroso)
A actividade, organizada por Agaca, vai dirixida a mulleres e pódese seguir de xeito online
O programa gratuíto, que se pode seguir de xeito virtual, comeza o día 16 de setembro e continúa os tres xoves seguintes. A inscrición pode realizarse en www.agaca.coop
O leite convencional presenta unha combinación de dúas proteínas, a betacaseína A1 e a betacaseína A2. A marca galega logrou producir de xeito natural leite que só contén a betacaseína A2, o que proporciona unha dixestión máis confortable, entre outros beneficios
Amarelante é o nome da variedade de castiñeiros máis habitual no macizo central ourensán e tamén o da cooperativa creada no 2013 por cinco familias que viron na castaña unha alternativa de futuro. Comezaron a actividade coa recollida e venda en fresco da castaña dos seus propios castiñeiros e foron ampliando produción a través do aluguer e cesión de soutos, ao mesmo tempo que iniciaban un proceso de transformación para dar maior valor engadido ao produto
Daniel Ferreiro, director xeral de Aira fai balance destes tres primeiros anos dende o proceso de integración da cooperativa. Con el coñecemos os resultados económicos e os proxectos polos que apostaron e nos que están a traballar