A cooperativa Lemos integra en fusión a Cogapen
As asembleas das dúas sociedades validaron por unanimidade o acordo, o que consolida a Lemos como un dos polos principais do cooperativismo gandeiro galego
As asembleas das dúas sociedades validaron por unanimidade o acordo, o que consolida a Lemos como un dos polos principais do cooperativismo gandeiro galego
Brasil é un dos grandes produtores de leite de América Latina e a presenza de cooperativas sólidas está a contribuír ao desenvolvemento e profesionalización das granxas. Entrevistamos a Sebastião S. Vilanova, actual presidente da cooperativa Cooperoeste, xurdida no seo do Movemento dos Traballadores Sen Terra
Con 420 vacas en muxido, Granja Castellar é unha das explotacións máis grandes da comarca do Alt Urgell. Falamos con Joan Guitart do apoio que reciben da cooperativa Pirenaica, que lles serve a ración diaria de alimentación, e de Cadí, á que entregan o leite para a súa transformación en queixo e manteiga
Con este galardón, a Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos (AERCE) recoñece o labor estratéxico que desempeña DELAGRO, a súa aposta pola dixitalización, a efectividade dos seus procesos de Compras e a súa achega global ao sector agroalimentario.
Con 800 socios e asentada nunha das principais áreas leiteiras de Galicia, a Cooperativa Central de Frades dispón de fábrica de penso, carros mesturadores e servizos veterinarios e de asesoramento e está estudando distintas posibilidades para revalorizar o leite que se produce na zona
Os visitantes amosáronse sorprendidos pola profesionalización e mellora tecnolóxica do sector. Percorreron tamén a explotación láctea de Sat Cives, situada en Mazaricos, o concello que produce máis leite de toda España
O Ministerio de Agricultura recoñece o traballo da Cooperativa A Carqueixa, unha cooperativa que conta cun 43% de mulleres cooperativistas, ademais, o galardón premia o labor en innovación da cooperativa, manexo tradicional e preservación do medio ambiente.
Entrevista a María Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei , unha das adegas referentes no sector do viño en Galicia. «Condes de Albarei actúa como dinamizador económico, social e cultural dos seus socios e da comarca», destaca.
Visitamos dúas cooperativas de referencia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que reciben apoios da PAC, a adega de Favaios, no Alto Douro, que aglutina 481 socios e 1.200 hectáreas de viñedos, e A Carqueixa, nos Ancares lucenses, que coas súas iniciativas de venda directa está a lograr para as súas granxas socias prezos ata un 15% superiores aos do mercado
A asemblea de Cooperativas Agro-alimentarias de España reafirma o compromiso das cooperativas coa sustentabilidade económica e social do medio rural e entrega o premio de Innovación a Viña Costeira e o de Desenvolvemento Rural a Condes de Albarei
Coñecemos co técnico agrícola Lucas Vázquez a Cooperativa Postoiro, especializada no cultivo da cebola de calidade na comarca da Limia. Repasamos o camiño percorrido nestes case 30 anos de traxectoria e algúns dos retos que se lle presentan