Sat Gomelle, grao húmido de millo para a ración e ceba para os xatos
Cinco socios e dous empregados encárgánse do traballo nesta explotación do concello lugués de Guntín. Muxen 250 vacas e son excedentarios en forraxe e superficie agraria
Cinco socios e dous empregados encárgánse do traballo nesta explotación do concello lugués de Guntín. Muxen 250 vacas e son excedentarios en forraxe e superficie agraria
Desde que fai seis anos esta granxa familiar ubicada na parroquia monfortina de Baamorto construíu unha nave nova non parou de medrar e de intensificar o seu proceso produtivo. Falamos con Francisco Javier Losada dos cambios que fixo nestes anos, como o de externalizar a recría ou o de ensilar polpa de mazá
Dous irmáns, José Manuel e Marcos Herbón Núñez, levan esta explotación de Baralla que obtivo o pasado ano uns datos de produción que a sitúan entre as 5 mellores da provincia de Lugo e as 15 mellores de Galicia
Resumo do relatorio de Michael S. Allen, profesor do Departamento de Ciencia Animal da Universidade Estatal de Michigan (Estados Unidos), no Congreso Internacional Anembe de Medicina Bovina que se celebrou en Vigo
Gandeiros británicos procuran reses frisonas que cheguen a 1,5 quilos de sólidos por quilo de peso corporal e ano. Robert Hildreth, un produtor de York, explicou nunha xornada en Santiago como traballa para logralo
Esta gandería de Trabada logra unha media de 3,8 partos por vaca e unhas calidades do leite de 3,9% de graxa e 3,4% de proteína. O seu propietario, Ramón Gallo Díaz, explícanos as claves
Un seminario organizado por Agaca, con participación de produtores europeos, analiza as tendencias no sector lácteo. Producir sólidos, coidar o benestar animal e procurar unha alimentación animal con forraxes propias, liñas de traballo que se asentan a nivel da UE
O programa formativo, impulsado polo Campus Terra da Universidade de Santiago, inclúe 300 horas de prácticas en empresas. Este ano ofrece, de xeito paralelo, dous cursos de formación continua en alimentación animal e en economía da explotación leiteira
Esta explotación, que está situada nunha das parroquias máis leiteiras de Galicia, Álvare, pertencente ao concello lucense da Pastoriza, é propiedade de dous matrimonios e prepara unha ampliación na busca de maior comodidade para o gando
Esta gandería de vacún de leite, situada na rexión francesa da Vendée, logrou introducir cambios no manexo que melloraron notablemente a calidade de vida dos seus propietarios. Visitámola co alumnado da EFA Fonteboa
Resumo do relatorio de Javier López Álvarez, responsable de ruminantes para España e Portugal de KEMIN no II Xornada Fedna-ANEMBE de nutrición de vacún
A remolacha logra unha gran produción de materia seca e de enerxía neta por hectárea, o que a converte en complemento de interese para as explotacións lácteas, que poden sustituír parte do seu concentrado por esta forraxe
Entrevista a José María Viana, especialista en vacún de leite en De Heus, unha das empresas líderes do sector de alimentos compostos en Galicia e en España.
O director dos servizos agrogandeiros de Clun, Ángel Miranda, analiza o percorrido e marxes de mellora das granxas a partir dos datos das ganderías que participan no grupo de Xestión técnica e económica dos Irmandiños