A Denominación de Orixe Monterrei participa na III Festa da Vendima da Vila de Monterrei, que terá lugar mañá 05 de outubro nas inmediacións do Castelo de Monterrei.
O Consello Regulador contará cunha caseta propia onde ofrecerá información da denominación, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outras cuestións. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar o produto das seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Manuel Regueiro García (Serra de Alén) e Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff.
A de Monterrei é unha do cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta