PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Estas son as 12 marcas de tractores máis vendidas en España

Un dos tractores de Comercial Agropres traballando esta semana na sementeira na zona da Mariña e o occidente asturiano

Jhon Deere, seguida de New Holland foron as marcas de tractores máis vendidas en España en 2021, segundo constata o informe anual dos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola (ROMA) que elabora o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En concreto, as doce marcas de tractores máis vendidas son as seguintes, coa súa porcentaxe sobre o total foron:

ROMA MARCAS MAIS VENDIDAS

En total, cincuenta e sete marcas distintas de tractores comercializáronse en España, englobando máis de mil modelos distintos.

PUBLICIDADE

O rexistro de maquinaria agrícola nova aumentou un 10,46% en España en 2021

En total, o número de maquinaria agrícola nova rexistrada no ano 2021 creceu un 10,46 % con respecto a 2020 e alcanzou unha cifra global de 35.505 unidades. O investimento realizado foi de 1.209,7 millóns de euros. 

Os datos de 2021 mostran un ascenso na inscrición de todos os tipos de máquinas novas, fóra da maquinaria automotriz, na que se produciu un lixeiro descenso de 3,48 %.

Os tractores ofrecen unha subida anual do 9,57 % e, aínda que non alcanzan os valores de 2019, é un incremento indicativo dunha volta á normalidade nos mercados de maquinaria tras un 2020 marcado pola pandemia da Covid-19.

Prezo medio de 61.456 euros por cada tractor novo

O prezo medio dos tractores, sen incluír IVE, foi de 61.456 euros (703 €/kW), variando segundo o seu tipo de rodaxe da seguinte forma:

PUBLICIDADE

ROMA PREZO TRACTORES

A destacar que o segmento máis numeroso é o de tractores entre 70-90 kW que representa o 32,6 % do mercado nacional, seguido dos que equipan motores de máis de 110 kW representan o 24,0 % do mercado nacional de tractores.

En canto á distribución territorial das vendas de tractores novos en 2021 foi a seguinte: 

ROMA TRACTORES novos MAPA

Finalmente, habería que destacar o elevado número de cambios de titularidade en tractores usados (28.069) que é 2,4 veces maior que aos de nova inscrición. Galicia (5.417) e Andalucía (4.432) son as comunidades autónomas onde máis se dá esta circunstancia.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *