En xullo, a produción situouse un 2,9% por riba do mesmo mes do ano anterior. A cotización no campo mantense en 31 céntimos por litro de media en España, con Galicia na cola, con 29,9

Por quinto mes consecutivo volveron medrar as entregas de leite en España. En xullo, a produción foi un 2,9% máis alta que no mesmo mes do ano anterior. No global do ano, as entregas superan nun 0,8% ás do mesmo periodo do 2016. Os prezos, entre tanto, continúan estancados, con 31 céntimos de media en España, que repite o valor do mes pasado, e con 29,9 en Galicia, co mesmo valor que en maio.
As entregas en Galicia seguen tamén a tendencia ascendente do conxunto de España, medrando por riba do 2% en xullo en relación ó mesmo periodo do pasado ano, con 228.000 toneladas polas 222.650 de xullo do 2016.
En canto ás calidades do leite, o último informe mensual do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) recolle en Galicia un 3,66% de graxa e un 3,18% de proteína. En graxa, a comunidade está á cabeza de España, xunto con Canarias, para unha media no conxunto estatal do 3,54%, en tanto en proteína sitúase xusto na media do conxunto de España, 3,18%.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta