O Mercado de Amio (Santiago), rexistrou esta mañá unha elevada afluencia de gando logo das alteracións das últimas dúas semanas por mor dos festivos dos días 15 e 16 de agosto. Así, o mercado recuperou os rexistros habituais e mesmo contabilizou máis animais do habitual para esta época do ano.
Deste xeito, na xornada de hoxe reuníronse un total de 2.239 animais, 307 menos que o pasado día 21 de agosto. Houbo 1.836 cabezas de vacún menor (349 menos que na sesión anterior), 216 de vacún mediano (3 menos que na feira pasada) e 169 de vacún grande (47 animais máis que no último mercado).
En canto ós prezos, a Mesa da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu manter as cotizacións da sesión anterior para tódalas categorías e calidades desta carne.
O mesmo aconteceu co gando de abasto que tamén continúa cos mesmos prezos da feira pasada para todo tipo de animais.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta