PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Deputación de Pontevedra reforza o seu apoio ó sector primario con programas específicos para Areeiro e Mouriscade

No último ano impulsaron o posicionamento como referentes estatais dos centros e axudas ás cooperativas agrogandeiras. Areeiro busca converter a camelia e TéAreeiro nun emblema da provincia e Mouriscade volve situarse entre as mellores ganderías de España por ICO

Unha das poxas de gando celebrada nas instalacións da Finca Mouriscade.

A Deputación de Pontevedra está a reforzar o seu apoio ó sector primario no último ano e así o pon de manifesto no balance de actividades do primeiro ano do goberno de Luis López ó fronte do órgano provincial. Así, dende a Deputación destacan que as áreas relacionadas co sector primario e o medio natural, en mans dos deputados Javier Tourís (responsable da Estación Fitopatolóxica Areeiro), Jorge Cubela (responsable de Desenvolvemento Rural e da Finca Mouriscade) e Marcos Guisasola (deputado delegado de Medio Ambiente e Mar), teñen conseguido nestes primeiros doce meses de mandato avanzar no seu posicionamento como referentes estatais e internacionais en canto ao sector primario, con novas actuacións e programas para conservar a contorna natural da provincia.

Estación Fitopatolóxica Areeiro

Ó longo do último ano traballaron para impulsar internacionalmente a Estación Fitopatolóxica Areeiro, mantendo encontros con centros de investigación de Francia, Portugal e Estados Unidos para poñer en marcha proxectos conxuntos de interese para o sector primario da provincia.

Tamén se abriu o centro á cidadanía do conxunto da provincia, a través dun servizo de visitas guiadas, e iniciáronse as obras para rehabilitar e reforzar a estrutura da casona e mellorar o acceso ao laboratorio de fitopatoloxía, onde se está a investir 130.000 euros.

PUBLICIDADE

Ó mesmo tempo tamén están a traballar para impulsar a finca en materia turística, co obxectivo de promover a camelia e a marca TéAreeiro, chegando ao tecido asociativo a través, entre outras iniciativas, de cursos de formación para a elaboración de té de camelia. Ademais, teñen previsto dinamizar o recinto a través de concertos e eventos e poñer en marcha o Camelia Fest, da man das áreas de Cultura e Turismo.

Finca Mouriscade

No que respecta á Finca Mouriscade, en só un ano conseguiron importantes avances en canto á calidade xenética dos animais da ganderia, froito da compra de embrións procedentes das mellores vacas, tanto a nivel nacional como internacional, principalmente de Estados Unidos e Canadá. Estes avances constátanse na mellora na listaxe das explotacións con mellor índice combinado (ICO) de España, pasando do número 12 do ano pasado ao número 4 que ocupa o centro na actualidade.

Ademais, tamén este ano púxose en marcha o laboratorio móbil de aspiración transvaxinal de ovocitos, unha mellora substancial na calidade do traballo que se está a levar a cabo nas distintas ganderías da provincia. Ó mesmo tempo optimizouse a plataforma de venda de embrións producidos en Mouriscade, para que sexa máis áxil e transparente e todas as ganderías teñan a mesma capacidade e accesibilidade á compra. Tamén este ano aprobouse o acordo regulador do prezo público por prestación do servizo de venda de embrións bovinos de Mouriscade, bonificando aproximadamente o 30% no prezo de venda dos embrións aos gandeiros da provincia.

Nestes primeiros doce meses de goberno de Luis López na Deputación tamén se realizaron subastas de gando a man alzada, abertas a todos os gandeiros, e asinouse un convenio coa Confederación Nacional de Frisona Española para a avaliación xenómica da eficiencia alimentaria e a toma de datos sobre saúde e benestar animal.

PUBLICIDADE

Apoio ás cooperativas

A través da área de Medio Ambiente e Mar, impulsaron liñas de axuda para o mantemento e conservación da contorna agroforestal e a prevención e defensa contra os incendios forestais. Tamén se impulsaron actividades de apoio aos produtores agropecuarios na aplicación da PAC e en materia de prevención de riscos laborais. Este último ano tamén aprobaron axudas para cooperativas agrogandeiras da provincia cun orzamento de 250.000 euros.

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *