Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asociación Agraria de Galicia irán da man nunhas protestas que se adían até despois das eleccións
Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asociación Agraria de Galicia veñen de dar forma á táboa reivindicativa conxunta que defenderán nas vindeiras semanas. Tal e como xa anunciaron hai uns días, as tres organizacións agrogandeiras maioritarias en Galicia ven necesario apostar pola unidade de acción para garantir a mellor defensa dos intereses do sector produtor.
Nos vindeiros días pecharán o calendario de actuacións a seguir nas próximas semanas, unha vez que pasen as eleccións autonómicas que terán lugar o domingo 18 de febreiro.
As organizacións agrarias entenden que existen motivos máis que de sobra para que o sector produtor saia á rúa; así como un contexto, tanto a nivel europeo como estatal, do que a agricultura e a gandería galega non pode manterse á marxe. En concreto, ven necesario actuar para paliar a excesiva burocracia que ten xerado a entrada en vigor de novas normativas europeas; así como para garantir que os acordos comerciais con países extracomunitarios non supoñan unha competencia desleal para os produtores locais.
Así, as tres organizacións instan á Xunta e ao Goberno central a actuar con contundencia e rigor para garantir prezos xustos para os produtos agrogandeiros e, con eles, o futuro e a rendabilidade do sector produtor.
Estes son os puntos incluídos no Decálogo de Reivindicacións das organizacións agrarias galegas:

Unha ducia de tractores concentráronse este luns no entorno da cidade de Lugo
Agricultores e gandeiros da comunidade sumaranse este martes ás protestas organizadas en toda España, que están promovidas a través de grupos de whatsapp e á marxe das organizacións agrarias.
En Galicia, asociacións de produtores como Agromuralla ou Gandeiros Galegos da Suprema mostraron o seu apoio ás marchas e sairán cos seus tractores a secundar as protestas. O obxectivo é dificultar o tráfico en estradas e autovías nun movemento que segue o exemplo do acontecido en países como Francia ou Alemaña nas últimas semanas.
Agromuralla apoia as tractoradas que este martes hai convocadas por toda España
Este luns puideron verse xa os primeiros tractores chegados de concellos como Portomarín, O Páramo, Sarria ou Láncara no entorno da cidade de Lugo, unha imaxe que se repetirá este martes nun movemento que pretende sumar tamén ao sector pesqueiro e aos transportistas.
Entre as reivindicacións das marchas deste luns, a derogación da Axenda 2030, da Ley de Bienestar Animal e das leis ambientais; unha xestión da auga acorde ás necesidades de cada territorio, con recuperación de presas e pantanos, impedindo escaseza e restricións”, ou “eliminar toda restrición no uso do diñeiro en efectivo”.
Tractoradas galegas contra a burocracia e o endurecemento de normas ambientais no agro
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta