En tempos de pandemia, o sector agroalimentario español volveu mostrar a súa fortaleza chegando en 2020 a unha nova marca de 17.805 millóns de euros no seu superávit de balanza comercial. As exportacións agroalimentarias alcanzaron o pasado ano os 53.102 millóns de euros, un 4,3 % máis que en 2019, mentres as importacións supuxeron 35.297 millóns.
Así se recolle no informe “Análise das exportacións agroalimentarias. Ano 2020”, elaborado polo experto agroalimentario en temas internacionais Jaime Palafox e Cajamar, coa colaboración do Máster en Xestión de Empresas Agroalimentarias (MGEA), que foi presentado onte.
Estes datos sinalan, segundo se observa e no informe, a tendencia de crecemento sostido durante a última década onde a taxa media de crecemento entre 2010 e 2020 foi do 6,3 %. Así mesmo, na comparativa coas exportacións agroalimentarias do resto de países da Unión Europea, España mantén en 2020 o seu cuarto posto por detrás de Países Baixos, Alemaña e Francia, e por diante de Italia, pero liderando o crecemento. Neste sentido, Alemaña (-1,2 %) e Francia (-3,9 %) sufriron caídas nas súas vendas ao exterior o pasado ano e Países Baixos (0,5 %) e Italia (2,1 %) tiveron crecementos inferiores aos de España.
“Nestes tempos de incerteza convén lembrar o aporte positivo do sector exterior agroalimentario á economía española, e o liderado de España no crecemento das exportacións agroalimentarias dentro da Unión Europea”, indica Roberto Garcia Torrente, director de Innovación Agroalimentaria de Cajamar.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta