A Fundación Ramón González Ferreiro organiza este sábado unha actividade formativa sobre o manexo de especies froiteiras, ornamentais e forestais

Este sábado desenvolverase un curso práctico de poda en Allariz, en horario de mañá e tarde (9.30-13.30 e 15-19 horas). A actividade está organizada pola Fundación Ramón González Ferreiro e ten un custo de 25 euros.
En primeiro lugar, haberá unha parte teórica na que se explicarán tipos de poda, formas de corte, despuntes, arqueados e como é a poda específica para as distintas categorías de especies (froiteiras, forestais, ornamentais). A segunda parte será de carácter práctico, para trasladar ó campo o aprendido na primeira parte.
O custo do curso é de 25 euros. Os interesados poden contactar coa Fundación ben a través do correo electrónico info@fundacionrgf.org, ben a través do teléfono 988 436 182.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta