PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso na EFA Fonteboa para obter o Carnet Europeo de Motoserrista

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, en Coristanco, organiza do 30 de maio ao 2 de xuño un curso para obter o Carnet Europeo de Motoserrista (ECC – European Chainsaw Certificate), na categoría Nivel ECC1: Mantemento da Motoserra e Técnicas de Tronzado Básico.

A formación é de 20 horas, en horario de 14:00 a 19:00 horas. O custo do curso é de 220 euros -205 para socios da EFA Fonteboa- e as taxas do exame son 195 euros. Posibilidade de alugar máquina e EPIs. Bonificación do curso para autónomos e traballadores forestais ou de xardinería facendo un desconto do 20%.

As persoas interesadas no curso poden chamar ao 981 733 051 ou escribir un email a fonteboa@fonteboa.es

PUBLICIDADE

CURSO MOTOSERRISTA FONTEBOA

Ver todas as noticias de emprender formación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *