PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso gratuíto en Boqueixón para persoas desempregadas interesadas en traballar na industria forestal

Organizado por FSC España, do 25 ao 29 de marzo, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Segurde (Boqueixón, A Coruña)

FSC España, a ONG que vela pola sustentabilidade dos bosques, oferta un curso totalmente gratuíto para formar a trinta de persoas desempregadas de Galicia en traballos forestais e industria sustentable da madeira. Desenvolverase do 25 ao 29 de marzo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Segurde (Boqueixón, A Coruña). Para inscribirse tan só é necesario chamar ao teléfono 91 446 48 81.

A actividade formativa, que inclúe conferencias, sesións prácticas e visitas de campo, busca mellorar a capacitación profesional dos participantes, facilitando a súa reincorporación ao mercado laboral.

Galicia é a novena potencia forestal europea, liderando o sector en España. O 50 % da madeira que se corta en España procede dos montes galegos. Grazas á xestión de bosques produtivos, máis de 3.000 empresas xeran riqueza sobre todo en contornas pouco industrializados, achegando emprego e evitando o despoboamento rural.

PUBLICIDADE

Entre os docentes intervirán destacados expertos como Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal, Universidade de Vigo, quen explicará cal é o perfil profesional máis demandado polas empresas de aproveitamentos e servizos forestais. Francisco Dans, director da Asociación Forestal de Galicia, falará sobre mellora xenética e selvicultura. Tamén se farán visitas a montes certificados FSC onde se desenvolven diferentes operacións forestais en curso, ademais da empresas de transformación da madeira.

A madeira certificada FSC leva aparellado un coidado forestal que garante prácticas de xestión sustentable, ambiental e socialmente positivas, achegando melloras adaptativas fronte aos efectos do cambio climático. Ao mesmo tempo axuda ás empresas a ser máis competitivas e a dispor de máis recursos para o seu negocio, xerando emprego e mellorando as competencias dos traballadores na transición da sociedade cara a unha economía verde.

Este proxecto enmárcase no Programa Empleaverde, unha iniciativa da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o impulso e a mellora do emprego, o emprendimiento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

Toda a información e programa do curso está dispoñible nesta ligazón

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *