Curso en liña sobre certificacións de calidade e medioambientais
Comeza o vindeiro día 19, e a partir de entón, as persoas inscritas terán un mes para completar os módulos e aprobar os exames. A inscrición realízase a través da web da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)
Campo Galego
O curso será en liña e poderase acceder á plataforma virtual as 24 horas do día
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza o ciclo formativo de carácter gratuíto ‘A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais’. Este curso busca promover as oportunidades que a economía social e a implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias. Comezará o vindeiro día 19 e as persoas interesadas poden realizar a inscrición na web da asociación organizadora.
Os contidos abordaranse en 70 horas lectivas estruturadas en tres unidades didácticas: ‘Cooperativismo no sector primario’, ‘Certificacións de calidade’ (ISO, GLOBALG.A.P., BRC/IFS e certificacións de vacún de leite) e ‘Certificacións ambientais’ (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica). Cúrsase mediante unha plataforma de formación á que o alumnado pode acceder 24 horas. As persoas inscritas terán un mes para completar os módulos e aprobar os exames, e así obter o diploma.
Este curso enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta