A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGAGAL), en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos organiza o curso “Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne”.
A formación, impartida por Beealia, desenvolverase do 12 ó 16 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas, polo que contará con 25 horas lectivas. O curso impartirase no local social de Verís, en Irixoa (A Coruña).
As xornadas están destinadas a agricultores en activo, persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria, así como persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
No curso abordaranse os seguintes contidos:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario. Tamén se pode remitir ó correo diego.miranda@marinasbetanzos.gal. Ademais, os interesados poderán matricularse a través da sede electrónica da Xunta, mediante o procedemento PR004A.
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2021, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta