PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso de formación sobre tratamento de pragas e enfermidades da vide

A formación dos e das diferentes profesionais implicadas no mundo da viticultura é un elemento necesario de cara a afrontar os problemas creados polos perigos que enfronta a vide. Nese sentido, as autoridades públicas, dentro do seu papel como asesoras e formadoras, tal como a Consellería de Medio Rural, imparten diferentes obradoiros formativos para especialistas na viña.

Así, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria comezou hoxe un curso de formación para asesores e técnicos sobre pragas e enfermidades na viticultura, que se desenvolve na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia e contará cunha segunda sesión o mércores, día 18.

Este tipo de formacións enmárcanse dentro dun plan de actualización de coñecementos para asesores e técnicos, tanto do sector público como privado. Nesta caso, falarase sobre a xestión integrada de pragas e sobre as principais pragas e enfermidades do viñedos, centrándose en como identificalas, seguilas e controlalas.

PUBLICIDADE

Juan Carlos Vázquez, enxeñeiro técnico agrícola da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, é o encargado de impartir este curso destinado para asesores e técnicos. Traballa en distintas liñas de experimentación e investigación do sector vitivinícola, e na divulgación e transferencia de coñecementos en novas tecnoloxías, no que se atopa o proxecto piloto App Fitovit para o servizo de información fitosanitaria da viña galego.

Esta primeira xornada desenvolveuse en horario de mañá para abordar a xestión integrada de pragas. O mércores 18 de outubro, o tema que se tratará será o das principais pragas e enfermidades do viñedo.

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *