O C.R.D.O. Ribeiro xunto coa produtora coruñesa Portocabo veñen de presentar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense, unha serie de 10 capítulos coos vídeos denominados “Cuñados na D.O. Ribeiro”. O evento tivo lugar esta mañá ás 11.30 horas e participaron Juan Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Alfonso López Montaña, director de desenvolvemento de negocio de Portocabo, e César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.
Os vídeos son o spin-off da exitosa película Cuñados, onde os seus actores principais Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez visitan diferentes puntos clave situados na D.O. Ribeiro, como o Mosteiro de San Clodio, o embalse de Castrelo de Miño ou o Museo do Viño de Galicia, e relatan as súas experiencias neses lugares tan significativos e algunha que outra anécdota divertida na zona durante a rodaxe da película.
O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, sinala que “estamos ante a acción promocional máis importante para a D.O. Ribeiro nos últimos anos, e queremos que todo o público coñeza o Ribeiro e con estos 10 vídeos descubrímoslles todas as potencialidades da zona: as persoas, o territorio, a paisaxe, o patrimonio, a cultura, o termalismo e, como non, o viño. Consumir viño da D.O. Ribeiro xera emocións, pero consumilo no territorio xera enocións”.
Cuñados converteuse na película rodada en galego coa estrea máis grande da historia, con máis de 120 salas na súa primeira fin de semana da súa estrea. E na segunda semana de exhibición aumentou o número de copias superando as 130 salas en todo el territorio español.
A película Cuñados é a mellor estrea española no que vai de ano, con máis de 43.000 espectadores acumulados en toda España dende a súa estrea o9 de abril.
Lidera, tamén, a venda de entradas en Galicia, onde cada día foi a película escollida polos espectadores. Mantense como o filme máis taquillero e máis visto en Galicia por sexta semana dende a súa estrea en cinemas.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta