Esta festividade contará cunha rapa e un programa de conferencias sobre o cabalo galego e o seu uso no monte, a partir das experiencias de Puraga, dos comuneiros do MVMC de Carballo, de Friol e das gandeirías da zona que introduciron estes animais

A romería de San Lourenzo, na Pena do Pico (Penamaior – concello de Becerreá) celebrará unha rapa das bestas e actividades de divulgación da cultura do cabalo que se desenvolverán durante o vindeiro domingo -11 de agosto-. Esta festividade conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Deste xeito, o programa da xornada recollerá conferencias sobre o cabelo galego e o seu uso no monte, a partir das experiencias de Puraga, dos comuneiros do MVMC de Carballo, de Friol e das gandeirías da zona que introduciron o cabalo para complementar o silvopastoreo.
“A iniciativa de Rente ao Couce e das gandeirías de aproveitar a romería popular e o entorno natural no que se celebra para celebrar a rapa e un programa divulgativo que contribúe a dimensionar a importancia desta tradición para a vida do cabalo no monte e que valoriza a contribución da gandería extensiva ao mantemento do territorio”, sinalou o deputado de Rural Daniel García, en compañía da deputada de Cultura, Iria Castro, durante o anuncio do programa coas ganaderías organizadoras.
Programa
11. 00 h.
Subida deportiva
12.00 h.
Charla: “A historia da romaría de San Lourenzo”. Xavier Moure
13.00 h.
Misa campestre
13.45 h
Sesión vermú e comida campestre
16.00 h.
Conferencia e demostracións sobre o cabalo galego e o seu uso no monte.
Presenta e modera. Miguel Cordero (Granxa Teixeiro E Pistón)
“O léxico da hipoloxía no galego oral e o cabalo galego. Morfoloxía e funcionalidade” Fernando Groba (Puraga)
“Presentación e explicación das fases da rapa do cabalo galego no monte e o seu uso como xestor do medio e da biomasa”. Ángel Buján (Lito de MVMC Carballo)
17.00 h
Rapa das Bestas
Ganderías : Teixeiro E Pistón, Ramos, Moreira, Liñares
19.00 h.
Grupo de Gaitas Os Trasnos
20.30 h. DJ DBC
21.30 h. Cea
23.00 h. Verbena
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta