O Sindicato Labrego considera que a normativa penalizou a consumidores e explotacións, pois ten constancia de polo menos unha proposta de sanción a unha persoa que se dirixía a comprar a un produtor local

Durante o estado de alarma, unha das actividades permitidas era o abastecemento de alimentos e produtos de primeira necesidade, pero a normativa aplicouse de xeito perxudicial para consumidores e produtores, segundo cuestiona o Sindicato Labrego. A organización agraria tivo coñecemento estes días dunha proposta de sanción a un consumidor que se dirixía a facer acopio de alimentos nunha granxa local, ubicada a 7 quilómetros da súa vivenda.
A proposta de sanción vén motivada porque a normativa impuña que os desprazamentos debían facerse á menor distancia necesaria, pero a organización agraria entende que esa disposición hai que interpretala en función das circunstancias concretas. Para o Sindicato Labrego non é entendible que se sancione a consumidores que xa viñan apostando pola compra directa, obrigándoos no seu lugar a acudir a establecementos pechados con aglomeracións de xente.
Por ese motivo, a organización vén de solicitar unha entrevista co Delegado do Goberno, ó que lle pedirá que se anulen as multas a persoas que lle mercaban de xeito directo a produtores locais, “pois trátase de situacións nas que non puñan en absoluto en risco a saúde pública”.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta