No sector lácteo impóñense as grandes cooperativas de Dinamarca, Holanda e Alemaña. España consegue colocar a 10 cooperativas no top 100 da UE: 8 no sector do aceite de oliva, unha no hortofrutícola e a galega COREN, no cárnico.

Un informe realizado pola Confederación de Cooperativas Agroalimentarias da UE(COGECA) mostra as 100 cooperativas Top da UE e o seu volume de negocio, que aumentou un 14% no último exercicio contabilizado. Entre as cooperativas máis importantes a nivel europeo, figuran a galega COREN (no Top 10 Cárnico), Anecoop (no Top 10 Hortofrutícola) e 8 cooperativas oleícolas entre as dez máis importantes deste sector en toda a UE.
En concreto, a cooperativa ourensá situouse no posto noveno das cooperativas cárnicas, cunha facturación no periodo analizado de 982 millóns de euros en 2013.
O ránking das cooperativas cárnicas está liderado polas cooperativas de Dinamarca, Alemaña e Holanda, tal e como se aprecia neste recuadro, con xigantes como Danish Crown ou Vion Food que superan os 7.000 millóns de facturación anual:
No sector lácteo, o dominio das grandes cooperativas do Norte de Europa tamén é absoluto, tal e como se observa neste recadro:
En 2013, o volume de negocios global das ao redor de 22.000 cooperativas existentes na UE alcanzou a cifra de 347 mil millóns de euros.
A maior cooperativa da UE por volume de facturación en 2013 foi a alemá BayWa, con 15.957 millóns.
Pola súa importancia económica, o país da UE con máis peso das cooperativas agrarias é Francia, con 84.350 millóns facturados en 2013. Séguenlle Alemaña, con 67.500; Italia, con 34.362 millóns de euros, e Holanda, con 32.000. España ocupa o quinto lugar en volume de facturación das cooperativas agrarias, con 25.696 millóns, seguida de cerca por Dinamarca, con 25.009 millóns facturados en 2013.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta