PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Congreso sobre a sostibilidade na industria láctea en Santiago

Máis de 100 profesionais de 11 países acudirán á conferencia final do proxecto Susmilk, no que participan Feiraco, Queizuar e a Aula de Produtos Lácteos (USC)

Santiago acollerá o 22 e 23 de setembro a conferencia final do proxecto europeo Susmilk, orientado a impulsar unha industria láctea máis sostible económica e medioambientalmente. No marco do proxecto abordáronse cuestións ligadas ó aforro de enerxía e de auga nos procesos de transformación do leite. Por parte galega, participaron en Susmilk Feiraco, Queizuar e a Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago.

A sede do encontro será o Feuga (Fundación Empresa Universidade), no campus universitario. O segundo día do congreso visitarase a sede da Aula de Produtos Lácteos e de Feiraco. O prazo de inscripción péchase o 31 de agosto

Máis información
Programa e información sobre o proxecto Susmilk

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *