PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Confirman que a pel da uva tinta frea a extensión dos melanomas

O resveratrol (RSV), un composto de orixe vexetal que acada a súa maior concentración na pel da uva tinta e en froitos vermellos como o amorodo, o arando ou a amora, inhibe a proliferación de células de melanoma modulando o ciclo celular. Esta é unha das conclusións do artigo “Resveratrol inhibits the proliferation of melanoma cells by modulating cell cycle” publicado polo International Journal of Food Sciences and Nutrition e en cuxa elaboración participou un grupo de investigadora e investigadores das universidades de Vigo, da Politecnica delle Marche (Italia) e da Guangdong Medical University, onde se localiza un dos centros de estudo sobre melanomas máis importantes de China.

O estudo internacional demostrou que o resveratrol inhibe fortemente a proliferación de células de melanoma A375, ao diminuír a viabilidade celular, promover a apoptose e deter o ciclo celular; uns efectos, nos que o factor duración do tratamento de resveratrol é comparativamente máis importante que o factor concentración do composto mesmo.

“Nun principio o artigo era máis amplo e trataba de dúas liñas celulares: A375 y A431, pero os datos eran moitas e podían xerar un pouco de confusión, polo que os avaliadores nos pediron separar o contido e centrarnos só nas A375”, explica Maurizio Battino, director do Grupo de Nutrición e Ciencia Alimentaria NF1 da Universidade de Vigo, que aínda que con anterioridade a este estudo xa traballara co RSV, nunca o tivo no centro da súa atención e investigación, dedicando máis interese a outros compostos bioactivos.

PUBLICIDADE

Estudos previos para descubrir os mecanismos que afectan á proliferación tumoral 

En relación ao posible tratamento en vivo e en pacientes, o investigador italiano indica que aínda é cedo para plantearse unha aplicación directa. “Trátase de estudos previos para descubrir cales son os mecanismos efectivos que poden afectar á proliferación tumoral para, nun futuro, desenvolver estratexias (por exemplo, fármacos con características similares)”, explica Battino, que asegura, que de momento, no hai ningunha evidencia de que o consumo de resveratrol, en calquera forma: pastillas ou comendo os alimentos que conteñen este composto, poda ser efectivo no tratamento do melanoma.

Hui-Zhi Yang, Jiaojiao Zhang, Jie Zeng, Shengbo Liu, Fei Zhou, Fang Zhang, Francesca Giampieri, Danila Cianciosi, Tamara Y. Forbes, Johura Ansary, Emilio Gil y Rong Yi Chen, son xunto a Maurizo Battino as autoras e autores do artigo publicado no International Journal of Food and Sciences and Nutrition.“É o primeiro traballo que facemos sobre el resveratrol (RSV) e a gran primeira colaboración coa Guangdong Medical University e esperamos que sexa a base para máis estudos e o desenvolvemento de colaboracións moi proveitosas”, explica o director do Grupo de Nutrición e Ciencia Alimentaria NF1, Maurizio Battino.

Equipo da Universidade de Vigo que participa na investigación

Equipo da Universidade de Vigo que participa na investigación

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *