Despois de séculos de abandono, o cultivo da oliveira está a recuperarse en Galicia. Manuela González, responsable do departamento de Agro de Aceites Abril, ofrece uns consellos para o coidado do oliveiral durante estes meses

Nesta época e debido á nosa climatoloxía con xeadas frecuentes, é necesario fortalecer e endurecer a oliveira. Son os chamados tratamentos de outono e inverno.
Sobre todo este ano no que o clima está tan irregular e prevense descensos bruscos das temperaturas. Ata agora, as temperaturas suaves provocaron o crecemento vexetativo das oliveiras co que temos moitos gromos moi tenros. Por iso, aconsellamos varios tratamentos con caldo bordelés e potasio para fortalecer a árbore ante as xeadas que están por chegar.
“Aconsellamos deixar a poda da oliveira para final de xaneiro ou principios de febreiro”
PUBLICIDADE
En canto á poda, debido a que a mesma provoca o espertar da oliveira e como engadido a estas condicións do clima, aconsellamos deixala para máis adiante, quizais para final de xaneiro ou principios de febreiro.
É moi importante ter unha árbore equilibrada durante todo o ano porque canto máis sá e equilibrada estea a oliveira maior resistencia non só ás xeadas senón tamén a calquera tipo de pragas. Temos que entender que a agricultura non é unha ciencia exacta; pero nós, como agricultores, podemos facer moito para que o noso cultivo sexa un éxito.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta