A industria láctea galega Clesa empeza 2020 con grandes novidades e lanza a súa nova gama de leites e iogures “Clesa Bienatur” con certificación de Benestar Animal. Esta liña de produtos lácteos están elaborados con Leite Galego 100% procedente das granxas dos socios cooperativistas de CLUN, certificadas co selo AENOR Conform en Benestar Animal, baseado no referencial europeo Walfare Quality.
Os novos leites “Clesa Bienatur” xa están á venda inicialmente nas principais superficies comerciais de Carrefour, e contan co tres variedades clásicas (Enteiro, Semidesnado e Desnatado) e as variedades Sen Lactosa (Semidesnatado e Desnatado).
En canto á nova gama de iogures “Clesa Bienatur”, preséntanse en tres variedades: natural, con ancos de froita (arandos e pexego-maracuyá); e 0% azucres engadidos e 0% materia graxa (mazá e amorodo). Os iogures contan cun packaging moi atractivo para o consumidor, que poderá degustalos en todos os puntos de venda a partir de marzo.
Clesa, con sede en Caldas de Reis (Pontevedra) forma parte de CLUN a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L. (ACOLAT), tamén participada pola cooperativa AIRA, elaborando iogures e sobremesas lácteas. As súas instalacións contan co certificado IFS e os seus produtos coa certificación PLS (Produtos Lácteos Sustentables), concedida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que garante que o 100% do leite é de orixe nacional e que foi contratado nunhas condicións que velan pola sustentabilidade económica do sector lácteo.
A compañía ten a súa orixe en Lácteas del Atlántico, unha sociedade fundada a finais dos anos 70, filial do Grupo Centrales Lecheras Españolas S.A. (Clesa). O proxecto actual de Clesa dá comezo en 2012, liderado por 10 cooperativas lácteas galegas unidas en ACOLACT, Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta