PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cerceda acollerá unha xornada sobre iniciación á castañicultura

O evento, organizado polo Concello e AGACAS, será impartido por Miguel Ángel Vázquez de la Mata

O Concello de Cerceda, en colaboración coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos (AGACAS), organiza unha xornada teórica sobre iniciación á castañicultura. O evento terá lugar o sábado 8 de xuño, de 9 a 14 horas, no Auditorio de Cerceda.

A xornada será impartida por Miguel Ángel Vázquez de la Mata, técnico auxiliar de Explotacións Agropecuarias e xestor integral do viveiro de castaños Viveros Castanea Sativa. As inscricións para estas xornadas xa están abertas e poden realizarse a través da ligazón dispoñible na páxina web do Concello de Cerceda.

IMG-20240529-WA0022

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *