O animal pertence á gandería Carro, de Mesía (A Coruña). Mañá sábado decídense as vacas gran campioas e as mellores explotación de Cimag-GandAgro 2017

Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, de Gandería Carro, de Mesía (A Coruña), foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIV Open Internacional da Raza Frisona que está a ter lugar na II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra ata mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Este galardón está patrocinado pola firma de seguros Ucoga.
A Reserva Gran Campioa neste concurso foi Cudaña Amore Beemer, da gandería Dovanea, de Valdáliga (Cantabria).
En canto ao XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona, a Xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Blanco 0247 África, da gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra).
Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira mañá sábado, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos concursos.

Cudaña Amore Beemer, reserva xovenca gran Campioa Internacional

Mención de honra xovenca gran campioa
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta