PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Beneficiarios das axudas da Xunta para prevención de incendios nos montes comunais

Estas axudas contan con dúas liñas de actuación, unha para o control selectivo do combustible e outra para a construción de puntos de auga. O total de beneficiarios ascende a 190 persoas

Esta liña de axudas está destinada a montes comunais ou Sofor en zona de risco medio ou alto de incendios. / Fonte: Imaxe de arquivo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinadas aos titulares de montes veciñais de man común, as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (Sofor) para a posta en marcha de actuacións preventivas dos danos que poidan causar aos bosques os incendios, desastres naturais e catástrofes, que conta con 190 beneficiarios e 3,5 millóns de euros de investimento.

As achegas contan con dúas liñas de actuación. A primeira é para o control selectivo de combustible e para ela destínanse case 3 millóns, que poderán levar a cabo tarefas de roza mecanizada con rozadoira de cadeas ou similar, para o clareo sistemático de rexenerado forestal con tratamento de restos, ou para roza de penetración, rareo de entrefaixa e trituración de restos nas faixas.

Esta liña, na que resultaron beneficiarios 170 persoas, complétase con actuacións dirixidas ás devasas para a mellora de faixas cortalumes xa existentes con folla de máquina e para as  faixas de pista con ou sen roza da plataforma de rodadura.

PUBLICIDADE

A segunda vertente desta convocatoria de axudas destínase á construción de puntos de auga. Neste caso, o investimento é de algo máis de 500.000 euros e poderanse crear unha vintena de puntos de auga

Os beneficiarios son as persoas titulares dos montes veciñais de man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as sociedades de fomento forestal que contan con superficies de máis de 100 hectáreas. Ademais, as actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios.

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *