O Mercado de Gando de Amio (Santiago), celebrado esta mañá, rexistrou unha baixa afluencia de animais debido ós dous días festivos consecutivos que se celebran esta semana, mañá a nivel nacional e o próximo venres 16 festividade local.
En concreto, contabilizáronse un total de 493 animais, 1.594 menos que o pasado mércores día 7 de agosto. Houbo 250 cabezas de vacún menor (1.479 menos que na sesión anterior), 119 de vacún mediano (89 menos que na feira pasada) e 111 de vacún grande (30 reses menos que na mercado anterior).
Por mor desta baixa afluencia, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu manter os prezos da sesión anterior en tódalas categorías e calidades desta carne.
O mesmo aconteceu na Mesa de Prezos do gando de abasto que mantivo as cotizacións da sesión pasada en tódalas clases de gando.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta