Medio Rural destina 2,8 millóns de euros a financiar iniciativas no periodo 2018-2020
A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde que establece as bases das axudas dirixidas ós grupos operativos inscritos na Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas. O prazo de solicitudes está aberto ata o 16 de febreiro. A coantía total das subvencións será de 2,8 millóns de euros no periodo 2018-2020.
As actividades prioritarias dos grupos operativos que se financiarán serán as seguintes:
– Xestión sustentable de recursos naturais: sistemas de produción agro-silvopastorais, programas de sanidade vexetal ou animal, xestión de recursos hídricos agrícolas,
– Sistemas agrarios de produción: aumento da sustentabilidade dos sistemas de produción, tecnoloxías de baixo uso de pesticidas e fertilizantes químicos, etc.
– Cadea alimentaria: tecnoloxías para asegurar a calidade e seguridade na cadea, medida da pegada de carbono.
– Outros. Proxectos ligados á bioeconomía, novas tecnoloxías, etc.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta